jueves, 18 de junio de 2020

DESPEDIDA E PECHE

Ola a tod@s!!:

Pois chegou o día...mañá é o último día do curso. Olegario deixou a súa carta de despedida e agora nos toca a nós despedirnos ata o curso que vén.
Xa estamos preparando a Biblio para que comecemos de novo en Setembro, máis e mello. Porque iso é o que imos facer, prepararnos no verán para vernos, porque non sabedes as ganas que temos de estar con todos e todas vós.
Para despedirnos, imos deixar algunhas propostas literarias interesantes para o verán. Por un lado, compartimos unha suxestión de lecturas que nos achega o Consorcio Editorial Galego, definidas por idades e tamén por temáticas.
Por outra banda vos achegamos algunhas propostas máis para que sigades lendo e disfrutando coas lecturas no verán.
Unha aperta dende a Biblio e xa contamos as horas que nos quedan ata o 10 de Setembro.

Bicos a tod@s!





CARTA DE OLEGARIO

Ola nenos e nenas:

Son Olegario, e escrívovos para despedirme este curso. Síntome raro, porque esta non é a forma normal de despedirse, sen escoitar as vosas risas, os vosos nervios pola chegada das vacacións, a alegría do final de curso.

Acórdanme moito os nenos e nenas de Sexto. Vaia ano raro, eh rapaces? A vosa despedida non foi como desexabamos, pero o cole e a biblioteca sempre serán a vosa casa, e por iso as súas portas sempre estarán abertas para vós.

E para o resto, pois que dicirvos? Que xa vin que líchedes moito porque está a biblioteca chea de libros das aulas, e as miñas axudantes xa a están preparando para cando voltedes en Setembro.

Mentras ese día non chega, anímovos a que sigades lendo, a que disfrutedes e vos deixedes levar polas marabillosas historias que agochan os libros, a que soñedes con ser piratas, princesas valentes, aventureiros, a que imaxinedes ser o que queirades lendo libros. 

Xa conto os días para que chegue setembro e volver a escoitaros, porque vos boto moito en falta, necesítovos, e espero que vós a min tamén.
Unha aperta enorme e un abrazo (virtual, xa sei) e espero que pasedes o verán que merecedes, porque se alguén se comportou como verdadeiros heroes, sodes vós.

Bicos de libros,

Olegario

martes, 9 de junio de 2020

ATA SEMPRE, PAU!

Ola a tod@s!:

Hoxe a nosa entrada está adicada a Pau Donés, cantante do noso país que hoxe nos deixa un pouco máis sos. 
Para recordalo vos deixamos o seu último vídeo ESO QUE TÚ ME DAS, que adicou a todos e todas aquelas que estiveron con el nos seus últimos momentos, pero que é unha canción que reflexa perfectamente o que significades os nenos e nenas de Tarrío para todos os profes do cole, porque como di a canción, sodes os nosos TESOUROS.



lunes, 1 de junio de 2020

SUXESTIÓNS: LIBROS SOBRE MEDIO AMBIENTE

Deixámosvos tamén un enlace á web de Club Peques lectores, onde nos falan de 20 contos e libros relacionados co coidado do medio ambiente, algúns os coñecedes ben, outros non tanto. Esperamos que vos gusten!

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Ola a tod@s!:

O día 5 de xuño celébrase en todo o mundo o Día mundial do Medio Ambiente, así que comezamos a semana adicando os nosos contidos ao Medio Ambiente e á importancia de coidalo.
Comezamos con esta curta sobre o CAMBIO CLIMÁTICO, esperamos que vos guste e nos axude a reflexionar entre tod@s da importancia de comezar XA a coidar o noso planeta, porque é a única casa que temos.


  MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS Comezamos o mes de maio e con el ven o Día das Letras Galegas. Como xa saberedes este ano adícase a Xela Aria...