domingo, 20 de junio de 2021

DESPEDIDA DO CURSO

 Ola a tod@s!!!

Son Olegario, e hoxe toca despedirme ata o vindeiro curso. Este ano boteivos moito moito de menos, pero o curso que vén espero que poidades vir a visitarme como sempre faciades.

Para que non me esquezades, fixen este caderno coas novidades e suxestións de lecturas que me foron contando na biblio, para que poidades desfrutar da lectura este verán.

Moitos bicos de libros e que pasedes un bo verán!

OLEGARIO

DESCARGA AQUÍ O BOLETÍN

jueves, 3 de junio de 2021

PDI 2021: A NOSA AULA TEN O NOME DUN GALEG@ ILUSTRE

 Pois chegou o día!!!

Estamos moi emocionad@s por poder compartir con todos vós o noso Proxecto Documental Integrado, adicado aos Galeg@s Ilustres que dan nome ás aulas do noso cole.

Levamos todo o curso pensando, traballando e investigando e por fin podemos presentarvos todos os nosos traballos.

Para acceder a eles baixade por cada unha das columnas e poderedes visualizar os traballos de cada un dos grupos.

Tamén podedes acceder dende AQUÍ ou descargar o PDF dende o seguinte ENLACE


Esperamos que vos guste moito!

Hecho con Padlet

  MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS Comezamos o mes de maio e con el ven o Día das Letras Galegas. Como xa saberedes este ano adícase a Xela Aria...