Son Olegario, e escrívovos para despedirme este curso. Síntome raro, porque esta non é a forma normal de despedirse, sen escoitar as vosas risas, os vosos nervios pola chegada das vacacións, a alegría do final de curso.
Acórdanme moito os nenos e nenas de Sexto. Vaia ano raro, eh rapaces? A vosa despedida non foi como desexabamos, pero o cole e a biblioteca sempre serán a vosa casa, e por iso as súas portas sempre estarán abertas para vós.
E para o resto, pois que dicirvos? Que xa vin que líchedes moito porque está a biblioteca chea de libros das aulas, e as miñas axudantes xa a están preparando para cando voltedes en Setembro.
Mentras ese día non chega, anímovos a que sigades lendo, a que disfrutedes e vos deixedes levar polas marabillosas historias que agochan os libros, a que soñedes con ser piratas, princesas valentes, aventureiros, a que imaxinedes ser o que queirades lendo libros.
Xa conto os días para que chegue setembro e volver a escoitaros, porque vos boto moito en falta, necesítovos, e espero que vós a min tamén.
Unha aperta enorme e un abrazo (virtual, xa sei) e espero que pasedes o verán que merecedes, porque se alguén se comportou como verdadeiros heroes, sodes vós.
Bicos de libros,
Olegario
No hay comentarios:
Publicar un comentario