lunes, 19 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral. É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval. Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre. Dende Tarrío elaboramos un programa de radio sobre as CANTAREIRAS, en concreto falamos co neto e sobriño de Adolfina e Rosa Casás. Transmitiunos moita información de como vivían estas mulleres e como foi a súa infancia rodeado de música. Dende aquí, grazas Rafa! Deixámosvos o enlace do programa para que poidades escoitalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

  MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS Comezamos o mes de maio e con el ven o Día das Letras Galegas. Como xa saberedes este ano adícase a Xela Aria...