miércoles, 2 de abril de 2025
SABELA CHEGA A TARRÍO
Ao cole chegou unha nova amiguiña que ven para quedar con nós. Parece que está moi interesada na radio, na biblio… pero sobre todo, parece que está moi emocionada con compartir con todos os nenos e nenas de Tarrío a nosa lingua.
Ademais de quedar con nós, facíalle especial ilusión ter un nome galego. Axiña, os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo, puxéronse mans á obra para escoller o máis chulo do mundo para ela.
Estivemos uns días pensando en que nomes nos gustaban máis e, finalmente, votamos en todas as clases para chegar ao noso obxectivo. O escollido foi... SABELA!
Pouco a pouco seguiremos contándovos novidades. Ata pronto!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS Comezamos o mes de maio e con el ven o Día das Letras Galegas. Como xa saberedes este ano adícase a Xela Aria...
-
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral. É unha representación colectiva, como xa se fixo...
-
Ao cole chegou unha nova amiguiña que ven para quedar con nós. Parece que está moi interesada na radio, na biblio… pero sobre todo, parece ...
-
Hoxe imos falar un pouco de ciencia, sabedes que é o Telescopio espacial Hubble? Estes días cumpre 30 anos dende a súa posta en órbita, así ...