lunes, 24 de febrero de 2025
SIGNAMOS POR ROSALÍA DE CASTRO
Para celebrar o Día de Rosalía, os nenos e nenas de 5 anos interpretan un poema cantado da nosa poetisa: "Eu ben vin estar o moucho". Que riquiños son e que ben o fixeron! 😍
Grazas ás mestras: Elisa, Paula, Victoria, Patri, Olaya e Inés.
OUTRAS ROSALÍAS
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do no noso cole, temos unha sección titulada "Outras Rosalías"que facemos coincidir entre o día de Rosaía de Castro (23/02) e o día dea muller (8 de marzo), para resaltar e homenaxear a outras mulleres galegas que contribúen a levar polo mundo con orgullo a nosa lingua, cultura, e tradición. Nesta presentación veredes unha pequena representación, sendo conscientes de que hai moitas máis, que pouco a pouco iremos engadindo.
De fondo escóitase un poema musicado de Rosalía, interpretado polo grupo de música tradicional galega "Coanhadeira", que sempre nos presta a súa música para o noso cole. O poema leva por título "Eu ben sei".
Ademais, neste caso, como actividade feita na radio do cole, Radio Olegario, está recitado por Celtia Fernández-Villarenaga Precedo e mesturado pola técnica de son Carla Vilela Prieto, ambas alumnas de 5ºB.
martes, 4 de febrero de 2025
RADIO NA BIBLIO: RADIO OLEGARIO
Este ano volvemos a participar no proxecto "Radio na Biblio", para a introdución da radio nas bibliotecas escolares.
E, como toda radio seria, comezamos cunha actividade moi divertida para o alumnado que consistía en diseñar o futuro logo que perdurará no noso centro ao longo de anos.
Os gañadores foron Gabriel e Óscar, de 5º de Primaria.
RASTRILLO SOLIDARIO - DÍA DA PAZ 2025
Como vén sendo tradición na nosa escola, todos os meses de xaneiro levamos a
cabo unha iniciativa que chamamos "rastrillo solidario". As familias que queiran
participar donan ao centro xogos ou libros que estén en bo estado e o alumnado e
resto das familias poden mercalos a un prezo simbólico. O rastrillo está aberto
todos os recreos e pode acceder todo o alumnado de Primaria. O diñeiro recadado
é doado á Cruz Vermella.
GAÑADORES DO CÓMIC NAVIDEÑO
Nesta nova edición do cómic navideño decidiuse optar por empregar os personaxes máis populares da nosa cultura galega e española como os auténticos protagonistas das creacións dos nosos nenos.
Aparecían O Apalpador, o Tió Nadal, o Olentxeru...e podía facerse tanto en formato papel como en dixital. Os gañadores foron Enzo de 4º de Primaria e Daniela de 5º.
Noraboa!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS Comezamos o mes de maio e con el ven o Día das Letras Galegas. Como xa saberedes este ano adícase a Xela Aria...

-
Ao cole chegou unha nova amiguiña que ven para quedar con nós. Parece que está moi interesada na radio, na biblio… pero sobre todo, parece ...
-
Para celebrar o Día de Rosalía , os nenos e nenas de 5 anos interpretan un poema cantado da nosa poetisa: "Eu ben vin estar o moucho...
-
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral. É unha representación colectiva, como xa se fixo...