Chegou o calor...e a praia, e o sol, e, e...OS MOSQUITOS. Para convatilos non tedes máis que ver o seguinte vídeo e seguir todas todas as instrucións, desa forma, FÓRA MOSQUITOS!
viernes, 29 de mayo de 2020
martes, 26 de mayo de 2020
TEATRO EN FAMILIA: GATUXO, CON MAGÍN BLANCO
Bos días!:
Hoxe imos con teatro. Dende AFundación achégannos este vídeo de Magín Blanco coa súa obra Gatuxo. Pronto voltaremos a disfrutar do teatro en vivo, pero mentres o teatro sigue vivo. Esperamos que o disfrutedes!
domingo, 24 de mayo de 2020
CARACOL E CARACOLA
Nenos e nenas, vos lembrades destes libros que temos na Biblio?
Pois a editorial OQO vos deixa esta marabillosa adaptación animada para que a disfrutedes.
Bicos de libros!
NOVAS AVENTURAS DA RAPOSA FEDELLA: Coñecendo a Exeria
Ola de novo!:
Imos continuar coas aventuras da raposa Fedella, coñecendo algo máis da nosa cultura. Nesta ocasión a raposa Fedella invítavos a descubrir a Exeria...que era...iso terédelo que adiviñar seguindo as pistas!
Adiante detectives!
martes, 19 de mayo de 2020
PIRATAS DO BENCHO
Boa semana!:
Para rematar coa celebración do Dïa das Letras deixámosvos un xogo interactivo sobre Carvalho Calero realizado no CEIP Ben-Cho-Sey. Esperamos que vos guste!
domingo, 17 de mayo de 2020
HOMENAXE A CARVALHO CALERO
Hoxe imos deixarvos un vídeo de Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, un pouco adicado aos maiores que tedes na casa. Porque entre as persoas que saen neste vídeo, pertencentes á Fundación Eira da Xoana e a Asociación de veciños do barrio de Agra do Orzán da Coruña está unha profe do noso cole que de seguro algúns dos vosos pais recordan con cariño, Chus Piñeiro. Ela e outros máis fan unha bonita homenaxe ao autor ao que se adica este ano as Letras Galegas, así que esperamos que lles guste moito aos vosos pais e nais.
jueves, 14 de mayo de 2020
CONCURSOS SOBRE AS LETRAS GALEGAS
Nesta entrada vos deixamos varios enlaces a concursos, por si estades interesados en participar. A empresa Feiraco, que convoca un concurso de relato curto e un de debuxo. En cada un dos enlaces tedes as bases de participación. Estes dous concursos teñen ata o 31 de maio como prazo de presentación.
Por outra banda, se algún de vós ten irmáns maiores de 16 anos, convócase o concurso Literario Nortear, tamén de relato curto. O prazo de presentación deste concurso remata o 30 de xuño.
ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS
Outro ano máis @s compañeir@s do Seminario Galán preséntannos as actividades de conmemoración das Letras Galegas. Normalmente é un traballo que facemos no cole, porque realmente fan un traballo moi interesante, pero este ano podedes achegarvos un pouco nas vosas casas ao autor homenaxeado. Tedes actividades en liña adaptadas a todas as etapas educativas, e podedes tamén recordar outras actividades de pasados anos, xa que están todas recollidas na páxina web. Adiante Galeg@s de Tarrío!
miércoles, 13 de mayo de 2020
XOGOS INTERACTIVOS LETRAS GALEGAS
Deixamos outras propostas creadas tamén con Genial.ly para que sigades coñecendo un pouco máis sobre as Letras Galegas. A divertirse!
O MISTERIO DA CASA DE CARVALHO CALERO
Os compañeir@s do CPI de Vedra e do CEIP Arquitecto Casas Novoa vos deixan unhas magníficas actividades creada con Genial.ly, O misterio da Casa de Carvalho Calero, para que sigades a coñecer moitas máis cousas do noso autor homenaxeado, así que comezamos!
martes, 12 de mayo de 2020
PREGUNTOIRO MUSICAL SOBRE CARVALHO CALERO
Ola!:
Seguimos coa semana das Letras, e aqúi vos deixamos un vídeo moi divertido, O Preguntoiro Musical. Vos atrevedes a dar as respostas correctas a cada unha das preguntas sen esperar a que vos dean a resposta? A ver cantas sodes capaces de adiviñar!
lunes, 11 de mayo de 2020
PRIMAVERA DAS LETRAS
A Real Academia Galega creou unha web adicada á figura de Carvalho Calero, autor ao que se adica este ano o día das Letras Galegas. A través da páxina web podedes acercarbos á vida e obra deste autor galego, así como aprender un pouco máis del a través de actividades interactivas e un montón de descargables para celebrar este día tan importante.
SEMANA DAS LETRAS: AS PITAS BAIXO A CHOIVA
Ola a tod@s!:
Comezamos esta semana previa á celebración do Día das Letras Galegas con algunhas actividades e informacións sobre Carvalho Calero, o autor ao que se adica este ano o Día das Letras, e que xa sabedes que como este curso non podemos celebralo como é debido, no vindeiro seguiremos aprendendo algunhas cousiñas máis sobre el.
Polo de agora, dende Edicións Embora nos deixan esta proposta didáctica baseada no relato de Carvalho Calero AS PITAS BAIXO A CHOIVA. Tedes o conto, música e a unidade didáctica con actividades. Esperamos que vos guste!
miércoles, 6 de mayo de 2020
CONCURSO ANIMALOTES
Dende a Editorial Anaya nos achegan un concurso, por si queredes participar. Trátase do concurso Animalotes, e no enlace que tedes máis abaixo vos achegan a información que necesitades. Tedes ata o día 22 de maio para participar.
CONCURSO ANIMALOTES
CONCURSO ANIMALOTES
CORONAFICHAS: contos para ler e escoitar
Ola a tod@s!:
Hoxe temos unha proposta da páxina Érase una vez un cuento, as Coronafichas. A proposta consiste en diversas lecturas, algunhas delas con vídeos e despois unhas pequenas "fichas" de comprensión en dous niveis, para 6-7 anos e para 8-9 anos.
Os contos teñen temática moi diversa, así que seguro atopades algún que vos guste, e outros non, pero iso é o normal nun bo lector!
Esperamos que disfrutedes!
CORONAFICHAS: Érase una vez un cuento
Hoxe temos unha proposta da páxina Érase una vez un cuento, as Coronafichas. A proposta consiste en diversas lecturas, algunhas delas con vídeos e despois unhas pequenas "fichas" de comprensión en dous niveis, para 6-7 anos e para 8-9 anos.
Os contos teñen temática moi diversa, así que seguro atopades algún que vos guste, e outros non, pero iso é o normal nun bo lector!
Esperamos que disfrutedes!
CORONAFICHAS: Érase una vez un cuento
lunes, 4 de mayo de 2020
PROPOSTAS EDNLG MES DE MAIO
Ola de novo a tod@s!:
Hoxe os compañeir@s do Equipo de Normalización Lingüística vos achegan varias propostas relacionadas co Día do Libro e coa celebración do Día das Letras Galegas, que xa está cerca.
Hai algunhas propostas relacionadas con concursos que teñen vixencia neste momento. Se tedes algunha dúbida sobre as bases porque queredes participar, non dubidedes en plantexárnolas deixando os vosos comentarios na entrada, ou ben na dirección de correo electrónico da biblioteca, bibliotecatarrio@gmail.com.
Unha aperta a tod@s!
PROPOSTAS MAIO EDNLG
Hoxe os compañeir@s do Equipo de Normalización Lingüística vos achegan varias propostas relacionadas co Día do Libro e coa celebración do Día das Letras Galegas, que xa está cerca.
Hai algunhas propostas relacionadas con concursos que teñen vixencia neste momento. Se tedes algunha dúbida sobre as bases porque queredes participar, non dubidedes en plantexárnolas deixando os vosos comentarios na entrada, ou ben na dirección de correo electrónico da biblioteca, bibliotecatarrio@gmail.com.
Unha aperta a tod@s!
PROPOSTAS MAIO EDNLG
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS Comezamos o mes de maio e con el ven o Día das Letras Galegas. Como xa saberedes este ano adícase a Xela Aria...
-
E agora, tachán!!! presentámosvos O Furafollas, unha produción realizada polos alumnos e alumnas de 4º de Primaria, colaborando con Pakolas....
-
Ola a tod@s!: O día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, así que para que saibades máis cousiñas dela vos deixamos estas d...
-
Nenos e nenas de Tarrío!! Volve Nora á Biblio!!! O mércores 3 de marzo volveremos a ter a Nora polo cole, pero esta vez non nos vai visita...