jueves, 30 de abril de 2020

DÁNDOLLE UNHA VOLTA ÁS MATES

Hoxe imos falar de Mates. Xa, xa, que teñen que ver as Mates coa Biblio? Pois moito. As matemáticas teñen máis relación coas artes do que nos podemos imaxinar, así que vos deixamos unha Unidade Didáctica da FundaciónAbanca, para os máis maiores, que vos ensina a relación entre as Matemáticas e as Artes.
E para todos, vos deixamos unha peli un pouco antiga, pero estupenda para entender a relación das Mates e o Mundo que nos rodea, Donald en el País de las Matemáticas.
Aprendices de Pitágoras, aquí vos deixamos para que vos dea voltas a cabeza!

UNIDADE DIDÁCTICA MatemArte


miércoles, 29 de abril de 2020

CÓMIC: REVISTA ASTÉRIX

Ola a todo@s!:
Dende a páxina oficial de Astérix nos regalan o primeiro número da Revista Astérix, para que poidades ler en xogar en familia cos nosos personaxes favoritos.
Deixamos enlace á paxina oficial, na que ademais de poder descargar a revista podedes acceder a outros contidos relacionados co mundo Astérix: personaxes, os autores, etc.
Para ir directamente á revista tamén vos deixamos o enlace directo para que poidades descargala.

PÁXINA OFICIAL ASTÉRIX

DESCARGAR REVISTA ASTÉRIX


CELEBRAMOS O DÍA DA DANZA COA RAPOSA FEDELLA

Hoxe, 29 de abril celébrase o Día da Danza, e a raposa Fedella vos propón unha nova viaxe pola Historia da Humanidade a través da danza e a pintura, esperamos que vos guste!


A RAPOSA FEDELLA: A DANZA NA PINTURA

martes, 28 de abril de 2020

FALAMOS DE CIENCIA: O TELESCOPIO HUBBLE

Hoxe imos falar un pouco de ciencia, sabedes que é o Telescopio espacial Hubble? Estes días cumpre 30 anos dende a súa posta en órbita, así que vos deixamos un enlace á páxina web Starchild e un pequeno vídeo para que poidades saber máis sobre o Hubble e a súa importancia.
A aprender, pequenos astronautas!

STARCHILD: O telescopio Espacial Hubble


lunes, 27 de abril de 2020

TALLERES EDITORIAL ANAYA

A editorial Anaya achéganos unha proposta de Talleres en familia, que inclúen actividades teatrais, xadrez, manualidades, etc. 
A páxina é totalmente viva, polo que irán engadindo novas propostas. Esperamos que sexa do voso interese.

TALLERES EDITORIAL ANAYA

REVISTA O PAPAGAIO

Deixámosvos abaixo un enlace para que poidades ler en liña a revista O Papagaio, como facedes na biblio do cole.

viernes, 24 de abril de 2020

CÓMIC: CARRIANDOLA. As abraiantes aventuras de Mariña

A editorial Aira e os autores Aloysius e Simón Blanco comparten con todos nós o cómic Carriandola: As abraiantes aventuras de Mariña, dispoñible en galego, castelán e inglés, deixamos os enlaces a cada un deles para que elixades o idioma en que o queredes ler.

CARRIANDOLA en Galego

CARRIANDOLA en Castelán

CARRIANDOLA en Inglés

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES CIDADE DA CULTURA

Dende a Cidade da Cultura do Gaiás, en Santiago, nos achegan unha serie de Aventuras protagonizadas pola raposa Fedella destinado ás diferentes idades.
Imos empezar hoxe coa primeira, cada semana intentaremos subir un novo reto. Este versa sobre OS BOSQUES DE GALICIA, a ver se resolvedes o enigma final!




A RAPOSA FEDELLA: UN PASEO POLOS BOSQUES DE GALICIA

jueves, 23 de abril de 2020

CONTOS ADAPTADOS CON PICTOGRAMAS

Para os que non os coñezades ARASSAC son as siglas correspondentes ao Centro Aragonés de la Comunicación Aumentativa e Alternativa, e fan unha labor excepcional para mellorar a vida de moitos nenos e nenas con necesidades, que precisan de axudas visuais para comprender mellor as cousas.
Hoxe, Día do Libro, achegan unha actividade estupenda, válida para todos e todas, chamado CREA TU  CUENTO FANTÁSTICO, empregando técnicas como a do Binomio Fantástico do que xa falamos en entradas anteriores.
Tamén podedes acceder dende o mesmo enlace a materiais e contos elaborados con pictogramas, así que non deixedes de dar unha volta por ela, moi recomendable!

ARASAAC: CREA TU CUENTO FANTÁSTICO

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO: AS BRUXAS

Seguimos con actividades para celebrar o Día do Libro, hoxe a editorial Santillana nos ofrece a lectura de As bruxas, de Roald Dahl, lido por Rosa Huertas. A lectura estará dispoñible a partires das 18 horas de hoxe no enlace que tedes a continuación:

LOQUELEO, LECTURAS EN DIRECTO

Tamén podedes acceder ás lecturas realizadas en días pasados, dende o mesmo enlace. Feliz Día do Libro!

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Ola nenos e nenas, feliz Día do Libro!!! Dende logo na Biblio tiñamos pensado celebralo doutra maneira pero....hai que estar na casa!
Menos mal que Olegario fixo o seu traballo, e buscando buscando e traballando decidiu facervos un agasallo, para que recordedes o importantes que sodes para el e para a Biblio.
Así que aí vos queda este vídeo, cunha canción de Mamá Cabra, Tan só con leres un libro. Olegario espera que vos guste!


miércoles, 22 de abril de 2020

OS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DO SR. MORRIS LESSMORE

Mañá, 23 de abril, celébrase o Día do Libro, e para ir quentando motores deixámosvos hoxe un corto precioso dun libro que moitos de vós coñecedes, porque por suposto o temos na Biblio, Os fantásticos libros voladores do Sr. Morris Lessmore, esperamos que vos guste.
E mañá, estade atentos, porque Olegario nos conta que ten unha sorpresa preparada, así que non deixedes de visitar o blog mañá!


SEGUIMOS COS ESCAPES! OS GATOMANTES ESCAPERS

Presentámosvos aos Gatomantes Escapers, un grupo de amigos tolos polas salas de Escape Room que decidiron compartir con todo Internet as súas experiencias e crearon xogos de escape tan chulos como este que vos traemos hoxe.
Premendo no enlace que está debaixo do post poderedes acceder ao xogo.


Un dulce crimen....quen será o asasino? Tod@s a xogar!!

XOGAR UN DULCE CRIMEN

martes, 21 de abril de 2020

PEQUES! HOXE CONTAN PAXARIÑA DE PAPEL

Ola peques! en Kalandraka TV hoxe vos contan Paxariña de papel!! Que bonito libro, cantas veces o temos lido no cole, esperamos que vos guste moito! Apertas de libros!

PAXARIÑA DE PAPEL KALANDRAKA TV

BREAKOUT STRANGER THINGS

Ola a tod@s! Hoxe vos achegamos unha proposta de Breakout aos máis amoires da casa, inspirado na serie de Stranger Things, SALVANDO HAWKINS, creada por Javier Perdomo. 
Só precisades papel e lapis, conseguir todas as pistas e axudar a Once e a pandilla a obter as claves de seguridade.
Pasádeo ben e xa contaredes!

XOGAR SALVANDO HAWKINS

lunes, 20 de abril de 2020

DE TAL CUENTO TAL ASTILLA

Vos deixamos un canal de Youtube moi chulo, con Erika González, para que escoitedes contos e máis contos. Erika os conta xenial ,así que estamos seguros que vos gustará moito, peques!

DE TAL CUENTO TAL ASTILLA

miércoles, 15 de abril de 2020

BIENVENIDOS: unha curta de Javier Fesser

Vos deixamos hoxe unha curta marabillosa, Bienvenidos, de Javier Fesser, destinado quizais aos máis maiores da casa, para reflexionar sobre outras realidades e escolas que tamén existen no mundo, e como algo tan "normal" para nós dentro da escola, como é a conexión a internet pode converterse nun acontecemento extraordinario. 
Non deixedes de velo, porque todas as emocións que levades dentro van saír: reiredes, choraredes e incluso pode que vos enfadedes. Esperamos que o disfrutedes porque é extraordinario.


O S+7

Seguimos hoxe con técnicas literarias, hoxe falamos do S+7, vaia nome raro, eh? Pero si probades a crear textos con esta técnica seredes uns escritores súper expertos e deixaredes a tod@s alucinados coas vosas creacións. A crear!

O S+7

martes, 14 de abril de 2020

POEMAS DE PRIMAVERA

Dende o equipo de Normalización Lingüística achégannos estes poemas de Primavera, creados por moitos dos vosos compañeiros e compañeiras do cole. Un aplauso grande a estes artistazos!

POEMAS DE PRIMAVERA

NOVA CANCIÓN DE PAKOLAS!

Atención rapaces e rapazas! Asistimos á estrea en primicia da nova canción de Pakolas, que pronto sacará novo librodisco, abaixo podedes disfrutar do vídeo en rigurosa estrea.
Moita vida ao Rock and Roll!!!!


ITINERANTES DO VENTO

Dende a Editorial Xerais nos chega unha iniciativa dunha das súas autoras, Teresa González Costa, Itinerantes do vento no que podedes escoitar moitas historias. A disfrutar!

ITINERANTES DO VENTO

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola a tod@s!:
Xa estamos de volta na Biblio! Olegario estivo moi traballador e nos manda un montón de cousas para que poidades disfrutar este día dende as vosas casa. 
Esperamos que vos gusten!
Apertas de libros

miércoles, 8 de abril de 2020

MARCHAMOS DE VACACIÓNS

Imos descansar estes días porque levamos moito tempo na casa e iso ás veces fai esquecer en que día vivimos, e a verdade é que nesta semana estariamos de vacacións. Olegario recordounos isto, porque el sigue traballando na Biblioteca, iso sí, con mascarilla e luvas, e precisa un descanso para voltar o luns con moitas máis sorpresas para vós.
Mentres tanto, vos deixa un enlace moi moi interesante sobre xogos que podedes facer en liña, para dous ou máis xogadores, así como Escape Room para que poidades disfrutar en familia.
Que disfrutedes do descanso esta semana e vémonos o luns con moitas máis cousas divertidas.

Apertas de libros!

XOGOS DE MESA EN CUARENTENA

APETÉCECHE INGRESAR EN HOGWARTS?

Hoxe querémosvos achegar unha actividade que de seguro vaivos gustar amoitos de vós. trátase dun escape room dixital sobre Harry Potter. 
O enlace está en inglés, pero así practicamos tamén o idioma. Teredes que facer un cuestionario para poder ser admitidos en Hogwarts, o sombreiro seleccionador vos dirá a que casa ides pertencer e moitas aventuras máis, coma se fosedes Harry Potter. Xa contaredes que tal a experiencia!



HOGWARTS DIGITAL SCAPE ROOM

ENLACES EDLG

Ola a tod@s!: O equipo de Normalización Lingüística quere compartir con todos nós algúns enlaces de interese que poden ser do voso interese. Premede na seguinte ligazón para acceder aos contidos:

ENLACES EDLG DESCARGAR

jueves, 2 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL!

Hoxe, día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro Infantil, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen, creador de contos como A sereíña, O traxe novo do emperador, A princesa e o chícharo, etc.
Deixámosvos un vídeo realizado polos compañeir@s do CEIP Antonio Pedrosa Latas, de Celeiro (Lugo), cunha versión en poema musicado da grade Susa Herrera. Feliz día a tod@s!


miércoles, 1 de abril de 2020

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

A Xanela do Maxín nos invita a disfrutar dun dos títulos máis divertidos e bonitos que por suposto temos na nosa biblioteca, "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". Dentro Libro!



LIBROS GRATUÍTOS EDITORIAL BAÍA

A editorial Baía pon á nosa disposición unha serie de títulos en galego para todas as idades, que se poden descargar de balde na seguinte ligazón:

LIBROS EDITORIAL BAÍA

VIAXANDO A TRAVÉS DOS LIBROS

Hoxe imos de viaxe! Xa, xa sabemos que non podemos ir a ningures, pero hoxe iremos de viaxe. E que mellor maneira que ir de viaxe a través dos libros?
Deixámosvos un enlace á web El viajero, do xornal El País, onde fan unhas recomendacións literarias moi moi interesantes para "pequenos lectores viaxeiros". A deixar voar á imaxinación!

Preme no seguinte enlace:

8 LIBROS PARA PEQUENOS LECTORES (E VIAXEIROS)

  MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS Comezamos o mes de maio e con el ven o Día das Letras Galegas. Como xa saberedes este ano adícase a Xela Aria...