Ola nenos e nenas! Son Olegario, o rato bibliotecario.
Teño que recoñecer que estiven moi preocupado...Xa sabedes que durmo polo día e que por iso tedes que estar caladiños na Biblio, para que poida descansar. Pero de súpeto, sen avisar, sentín un silencio estremecedor, de noite, pero tamén de día...entón lin o que pasaba, e por que non vos escoito dende o día 13 de marzo...
Estou triste porque boto de menos as vosas palabras, as vosas visitas e, quen o ía dicir, boto de menos cando falades moi alto e me doe a cabeza, vos boto moito moito de menos.
Pero sei que estades a ser uns campións porque estades todos e todas na casa e iso é importantísimo porque segundo escoitei por ahí canto máis esteamos na casa, peor o pasa o maldito virus ese e pronto volveremos a estar xuntos.
Así que non vos desanimedes porque cando vos deades de conta estaredes outra vez comigo, e eu volverei a ser tan feliz como era antes.
De todos xeitos, non pensedes que estiven quieto, non. Estiven investigando, lendo moito e agora vou compartir con vós todo o que atopei por si vos axuda a levar un pouquiño mellor iso de estar na casa metidos.
Un biquiño e apertas de libros!!
Olegario
lunes, 23 de marzo de 2020
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS Comezamos o mes de maio e con el ven o Día das Letras Galegas. Como xa saberedes este ano adícase a Xela Aria...
-
Hoxe imos falar un pouco de ciencia, sabedes que é o Telescopio espacial Hubble? Estes días cumpre 30 anos dende a súa posta en órbita, así ...
-
Hoxe, 29 de abril celébrase o Día da Danza, e a raposa Fedella vos propón unha nova viaxe pola Historia da Humanidade a través da danza e a ...
-
A editorial Baía pon á nosa disposición unha serie de títulos en galego para todas as idades, que se poden descargar de balde na seguinte li...
No hay comentarios:
Publicar un comentario