CORAZÓN DE TARRÍO.É
jueves, 22 de mayo de 2025
XA VOS PODEMOS CONTAR A HISTORIA DE SABELA.
Que ilusión nos fixo ao Equipo de
Dinamización da Lingua Galega, que tantos nenos e nenas do 2º e 3º ciclo
participasen na creación dunha historia para a nosa nova compañeira de batallas:
SABELA! A gañadora foi Martina Moliner González, de 6ºC. Deixámosvos o
podcast que fixemos na radio con ela. Esperamos que a historia de Sabela vos
guste tanto coma a nós. Parabéns pola túa creatividade Martina!
lunes, 19 de mayo de 2025
LETRAS GALEGAS 2025
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía
popular oral. É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos
trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval.
Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que
acompaña a nosa sociedade desde sempre. Dende Tarrío elaboramos un programa de
radio sobre as CANTAREIRAS, en concreto falamos co neto e sobriño de Adolfina e
Rosa Casás. Transmitiunos moita información de como vivían estas mulleres e como
foi a súa infancia rodeado de música. Dende aquí, grazas Rafa! Deixámosvos o
enlace do programa para que poidades escoitalo.
miércoles, 2 de abril de 2025
SABELA CHEGA A TARRÍO
Ao cole chegou unha nova amiguiña que ven para quedar con nós. Parece que está moi interesada na radio, na biblio… pero sobre todo, parece que está moi emocionada con compartir con todos os nenos e nenas de Tarrío a nosa lingua.
Ademais de quedar con nós, facíalle especial ilusión ter un nome galego. Axiña, os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo, puxéronse mans á obra para escoller o máis chulo do mundo para ela.
Estivemos uns días pensando en que nomes nos gustaban máis e, finalmente, votamos en todas as clases para chegar ao noso obxectivo. O escollido foi... SABELA!
Pouco a pouco seguiremos contándovos novidades. Ata pronto!
lunes, 24 de febrero de 2025
SIGNAMOS POR ROSALÍA DE CASTRO
Para celebrar o Día de Rosalía, os nenos e nenas de 5 anos interpretan un poema cantado da nosa poetisa: "Eu ben vin estar o moucho". Que riquiños son e que ben o fixeron! 😍
Grazas ás mestras: Elisa, Paula, Victoria, Patri, Olaya e Inés.
OUTRAS ROSALÍAS
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do no noso cole, temos unha sección titulada "Outras Rosalías"que facemos coincidir entre o día de Rosaía de Castro (23/02) e o día dea muller (8 de marzo), para resaltar e homenaxear a outras mulleres galegas que contribúen a levar polo mundo con orgullo a nosa lingua, cultura, e tradición. Nesta presentación veredes unha pequena representación, sendo conscientes de que hai moitas máis, que pouco a pouco iremos engadindo.
De fondo escóitase un poema musicado de Rosalía, interpretado polo grupo de música tradicional galega "Coanhadeira", que sempre nos presta a súa música para o noso cole. O poema leva por título "Eu ben sei".
Ademais, neste caso, como actividade feita na radio do cole, Radio Olegario, está recitado por Celtia Fernández-Villarenaga Precedo e mesturado pola técnica de son Carla Vilela Prieto, ambas alumnas de 5ºB.
martes, 4 de febrero de 2025
RADIO NA BIBLIO: RADIO OLEGARIO
Este ano volvemos a participar no proxecto "Radio na Biblio", para a introdución da radio nas bibliotecas escolares.
E, como toda radio seria, comezamos cunha actividade moi divertida para o alumnado que consistía en diseñar o futuro logo que perdurará no noso centro ao longo de anos.
Os gañadores foron Gabriel e Óscar, de 5º de Primaria.
RASTRILLO SOLIDARIO - DÍA DA PAZ 2025
Como vén sendo tradición na nosa escola, todos os meses de xaneiro levamos a
cabo unha iniciativa que chamamos "rastrillo solidario". As familias que queiran
participar donan ao centro xogos ou libros que estén en bo estado e o alumnado e
resto das familias poden mercalos a un prezo simbólico. O rastrillo está aberto
todos os recreos e pode acceder todo o alumnado de Primaria. O diñeiro recadado
é doado á Cruz Vermella.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS Comezamos o mes de maio e con el ven o Día das Letras Galegas. Como xa saberedes este ano adícase a Xela Aria...

-
Ao cole chegou unha nova amiguiña que ven para quedar con nós. Parece que está moi interesada na radio, na biblio… pero sobre todo, parece ...
-
Para celebrar o Día de Rosalía , os nenos e nenas de 5 anos interpretan un poema cantado da nosa poetisa: "Eu ben vin estar o moucho...
-
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral. É unha representación colectiva, como xa se fixo...